Publicacións

Converxencia 21 solicita o mantemento do Palco da Música da Corredoira.

Imaxe
  O concelleiro de Converxencia 21, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada ante a concellería de Patrimonio unha inmediata actuación de mantemento no Palco da Música situado na Corredoira. En 2018, sendo titular da área patrimonial, Eduardo Freiría, abordouse un proxecto integral de rehabilitación de un ben catalogado como único, posto que é un dos poucos Kioskos conservados en Galicia do século XIX (1.897). Cinco anos despois da reforma de Converxencia 21, os pasamáns de madeira necesitan protección, asoman sombras de óxido na balautrada e o chan require dun tratamento posto que é un lugar moi azoutado pola intemperie. Nese aspecto Palacín afirma que: “Hai que apostar sempre pola cultura política do mantemento”. C21 pide ser respectuoso na intervención a un Goberno que en esta materia leva cometido algún erro de bulto como a decisión de retirar as pedras do firme de Antero Rubín que o propio Concelleiro de C21 e varias asociacións denunciaron ante a prensa e que inmed

Converxencia 21 considera que "efectivamente" o aparcamento está a converterse nun pelotazo financieiro e solicitoulle ao Alcalde someterse a unha cuestión de confianza. .

Imaxe
  Na campaña das Eleccións Municipais do ano 2019 circulaba polas redes un vídeo no cal se observaba ao futuro Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, expresar que o aparcamento soterrado do Área Panorámica que plantexaba o Goberno de Carlos Vázquez Padín era un “pelotazo financeiro”, referíndose supostamente aos beneficios da empresa co executase e explotase. Meses despois, o Goberno do PSOE – EN MAREA acababa aprobando un parking construtivamente semellante ao anteriormente deseñado ante o clamor social e a petición de reflexión por parte do conxunto da oposición. O noso voceiro, José Palacín, explica que no pleno de habilitación de crédito do aparcamento, advertiu sobre o feito de que o Concello tivera que facerse cargo da reposición de servizos e construción de beirarrúas e sobre a cantidade asignada, pouco máis de 400.000. Onte, en Pleno Extraordinario, despois de tres anos, o goberno socialista plantexou aos demais grupos corporativos a rescisión do contrato, por incapacida

Converxencia 21 solicita maior limpeza e papeleiras na zona da Metraia e especialmente no tramo da senda 19 a partires de debaixo do baluarte da Alameda e preguntará no próximo Pleno pola subvención que debería recibir o Concello para a habilitación da Praia de Areeiros

Imaxe
  Os liberais de Tui vimos de solicitar por rexistro que se limpen e se poñan papeleiras na zona da Metraia e especialmente no tramo da senda 19, debaixo do baluarte da Alameda. O noso voceiro, José Palacín, afirma que estas zonas están moi frecuentadas por camiñantes e que tamén soen ser espazos privilexiados para o paseo canino e as sendas non están o suficientemente coidadas nin provistas de papeleiras para depositar as deposicións das mascotas. Do mesmo modo, preguntaremos no próximo pleno pola subvención que supostamente ten que recibir o Concello para habilitar a praia de Areeiros e lembra que existen elementos perigoso na contorna como parte do molle e que necesitan ser reparados ou como mínimo retirados antes do próximo inverno.  

Converxencia 21 solicita a urxente reunión da Xunta de Voceiros para que o Alcalde de Tui explique a natureza xurídica e técnica do levantamento do firme en Antero Rubín e reclama novamente a reposición do empedrado orixinal

Imaxe
  O concelleiro de Converxencia 21, José Palacín, acaba de remitir un rexistro de entrada á Alcaldía con obxecto de que reúna a Xunta de Voceiros da Corporación para explicarlles a natureza xurídica e técnica do levantamento do tramo en Antero Rubín que corresponde xusto ao que os liberais expresaron que se debería conservar en pedra cando o Goberno Socialista decidiu abordar a súa substitución por unha argamasa de cemento, fai agora pouco máis dun ano. Palacín, apelando a lealdade institucional, quere darlle ao executivo a oportunidade de explicarse e por iso pide esta reunión, e si non se realiza, tentará procurar o apoio dos demais grupos para que se convoque un Pleno Extraordinario. Lembremos que fai pouco máis dun ano leváronse a cabo as obras de remodelación das Rúas Antero Rubín e Coengo Valiño. Unha obra que C21 solicitara en numerosas ocasións co obxecto de sanear ditas vías e outorgarlles unha categoría digna do Camiño de Santiago ao seu paso por Tui. Sen embargo, unha da