Publicacións

“Tui: Baixo o Golden Eye recadatorio do Goberno Socialista”.

Imaxe
    En Pleno Extraordinario, aproveitando que o PP estaba cun concelleiro menos e ca complicidade tácita do BNG, o Grupo de Goberno aprobou un novo sistema de fabricar infraccións no centro de Tui, por enriba ampliable a moitas máis rúas por decisión unilateral de Alcaldía. Nestes termos expresábase o noso concelleiro, José Palacín, especialmente combativo co procedemento precipitado, por non haber tempo material para realizar as pertinentes consultas xurídicas é técnicas nun tema especialmente sensible como é a colocación de cámaras. Os liberais consideramos unha ironía ata o preámbulo da ordenanza que afirma que: “o aparcamento no centro de Tui é un ben escaso”. Responde Palacín: “É un ben escaso porque o Goberno do PSOE liquidou centos de estacionamentos nestes últimos cinco anos, presentando como alternativa unha esperpéntica e fracasada licitación do Parking Soterrado que por enriba custou aos tudenses máis de 200.000 euros en indemnizacións”. Tamén criticamos a imprudencia do Go

Converxencia 21 solicita que se acabe de completar a colocación de pasos de peóns adaptados nas rúas de Tui.

Imaxe
  O concelleiro de C21, José Palacín, acaba de introducir por rexistro unha petición para que adapte o paso de peóns da rúa Maristas, lembrando que hai que proseguir na labor de ir adaptando tódolos pasos de peóns ás necesidades de mobilidade. Por exemplo, este paso que piden os liberais está diante dunha clínica médica. Esta, de adaptar os pasos, foi unha iniciativa de Converxencia 21 no mandato pasado, que ía enmarcada na súa campaña #tuiseguro e que, en xeral, obtivo aceptable resposta por parte do concelleiro de Vías e Obras. Pero Palacín afirma que gran parte do centro urbano e sobre todo puntos claves das parroquias están sen adaptar, por exemplo con pasos de peóns a altura das beirarrúas, o cal provoca accidentes e impide a mobilidade a colectivos vulnerables nese sentido. Neste punto concreto da rúa Maristas, C21 tamén advertiu de un problema grave no xiro dos autobuses e camións.

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.

Imaxe
  O Concelleiro de C21, José Palacín, ven avisando da mala situación do firme da Rúa Bispo Lago que presenta badéns, fendas e lousas levantadas produto de un afundimento progresivo. Ao abeiro da súa campaña #Tuiseguro, os liberais advertiron do inminente risco de accidente, a última vez, neste mes de marzo pero o Goberno Local non tomou cartas no asunto.  Finalmente, onte produciuse a caída dun transeúnte, turista de Madrid, que acabou sendo atendido por lesións no Centro de Saúde e ao que se lle rompeu a pantalla do teléfono móbil.  O concelleiro centrista explica que cando manda un rexistro de #Tuiseguro é porque advirte un risco real e que estas peticións deben ser atendidas de inmediato. Sen ir máis lonxe, antes do verán Palacín avisou da inminente caída das ramas dunha arbore en Areeiros e as dúas semanas unha pola colapsou, se ben di estar en xeral satisfeito ca actitude do Concelleiro de Obras, Rafael Estévez, pero ao mesmo tempo expresa que: “Debemos dotar máis orzamento para e

Converxencia 21 solicita que se arranxen os desperfectos da beirarrúa en Martínez Padín.

Imaxe
  O Concelleiro de C21, José Palacín, acaba de solicitar por rexistro que se arranxen os desperfectos provocados por vehículos nos bordes da beirarrúa Martínez Padín, á altura do descampado xerado polo derrube dunha vivenda en estado ruinoso. Palacín explica que ao abrirse este pequeno espazo, os coches tratan de aparcar e que ao remontar o borde da beirarrúa os adoquíns do límite da mesma ceden ata sufrir danos, sendo isto un perigo para vehículos e transeúntes. Para os liberais esta circunstancia é unha mostra colateral mais da falta de aparcamento na cidade por culpa das políticas restritivas e da ausencia de xestión na finalización do aparcamento soterrado por parte do Goberno Local. “Os condutores aproveitan calquera recuncho”. Si ben Converxencia 21 fai un chamamento ao civismo. Os centristas tratarán de que o Goberno os escoite nesta materia de aparcamento con motivo da seguinte negociación orzamentaria, a de 2025. Entre tanto, solicitan unha solución de reparación destas lous