Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2019

C21 xestionou a maioría do Plan Concellos 2017.

Imaxe
O noso Concelleiro quere aclarar que foi o Goberno de Carlos Vázquez Padín o que executou a maioría das obras do Plan Concellos 2017. A nosa formación vese obrigada a explicar este punto debido a insistencia dos membros do Goberno Actual en atribuírse este traballo de xestión, sen ir máis lonxe o Excelentísimo Alcalde D. Enrique Cabaleiro, o fixo en declaracións a prensa o día 24 deste mes. Dos proxectos establecidos ao abeiro do Plan de Obra s e Servizos de competencia municipal da Deputación de Pontevedra, o Goberno do Sr. Padín executou unha parte moi importante baixo o seu mandato, sendo incluso inaugurada algunha obra polo Sr. Cabaleiro, e quedando algúns proxectos pendentes por razóns de diferente índole, ben administrativa como as vías de Bouzabalada e Figueira, debido ao retraso do estudo arqueolóxico, ben por axustarse aos tempos de execución como a reforma do Conservatorio porque se estaba a espera do final do curso 2018 - 2019 para acometelo, e no caso da semafo...

C21 solicita a reforma das rampas dos pasos de peóns nas beirarrúas Ourense e Compostela

Imaxe
Dentro da súa campaña Tui Seguro, e a raíz dun desgraciado accidente acaecido o día 23 de decembro, C21 solicitou por rexistro de entrada a reforma das rampas dos pasos de peóns nas beirarrúas Ourense e Compostela. Ditas rampas de accesibilidade principalmente na intersección Compostela - Ourense son moi estreitas, non cumpren a normativa de pendente e están mal focalizadas cara a rúa. A reforma ten moi fácil solución pero sobre todo necesita dunha urxente solución. O goberno de C21 deixou asinado un proxecto para mellorar a mobilidade en todo o Concello, o PMUS (Plan de Mobilidade Sustentable), que acaba de emitir un diagnóstico, por elo pedimos ao Goberno Actual que comecen a traballar nestas pequenas reformas, que por outra banda son facilmente detectables, sen necesidade de PMUS. Polo tanto, lle solicitamos o inmediato arranxo das caídas ou rampas dos pasos nas beirarrúas en xeral e nesta de Compostela - Ourense onde se produciu o accidente en particular, desexando sobre t...

Converxencia 21 inicia a súa campaña: "Tui Seguro"

Imaxe
O noso Concelleiro, José Palacín, anunciou que dende fai uns días iniciou a campaña: “Tui Seguro”. Trátase dunha iniciativa que consiste en ir detectando potenciais perigos por falta de seguridade en diferentes ámbitos e puntos por todo o Concello de Tui, dende muros con risco de colapso a pozos destapados, dende deficiencias en instalacións eléctricas públicas ata árbores con posibilidade de caída ou irregularidades nas infraestruturas de saneamento e estradas, e por último sen esquecer os parques infantís. Por iso, Palacín notificou a través de rexistro de entrada xa unhas 20 incidencias, algunhas xa arranxadas, como un cable eléctrico ao aire na beirarúa de Casal Aboy fronte ao Centro de Saúde ou unha bombona de gas desaloxada dun inmoble abandonado, e outros aínda pendentes de solución como as bandas metálicas da Rotonda de Guillarei. Palacín quere agradecer ao Goberno Local a súa dispoñibilidade, expresando que este proceder concorda co plantexamento da ...

Mónica Romero será a Secretaria Encargada de organizar o I Congreso Local de C21 Tui.

Imaxe
Mónica Romero con Auri Fernández.  A Executiva Nacional de Converxencia 21 nomeou a Mónica Romero como Secretaria Encargada de Organizar o I Congreso Local de C21 en Tui. O Congreso celebrarase en Marzo de 2020 con dous puntos na Orde do Día:  1) Elixir ao Secretario Local e ao seu Comité Executivo Local.  2) Formalizar os regulamentos de reunións e organización interna do grupo constituído. O obxectivo final desta nova fase constitutiva será seguir traballando por Tui como viñemos facendo dende fai unha década cando Carlos Vazquez Padín fundará este proxecto. A tal efecto duplicamos a afiliación nestes últimos 6 meses.  

C21 solicita a ampliación con zonas verdes do Colexio CEIP Nº 1.

Imaxe
O noso concelleiro, José Palacín, solicitou por rexistro de entrada a perentoria necesidade da ampliación con zona verde do COLEXIO CEIP Nº 1, situado na Rúa Canónico Valiño, e que a día de hoxe carece das máis mínimas condicións de lecer en contacto ca natureza e posibilidade de desenrolo de actividades que requiran espazos ecolóxicos, cando curiosamente este colexio atopase moi activo en iniciativas de   índole medioambiental.     C21 considera que esta xestión é relativamente sinxela posto que ven dada por unha privilexiada ubicación xeográfica do colexio, - o recinto está rodeado de fincas potencialmente verdes -, e tamén avalada polo PXOU que, precisamente, contempla que unha das parcelas lindeiras se destine a ampliación do susodito colexio.  Palacín solicita literalmente co Goberno Local poña en marcha a maquinaria administrativa para anexionar xurídica, física e estruturalmente esta parcela lateral a   dito centro educativo posto que...