Sesión de Constitución da Corporación 2019 - 2023

Iniciamos este blog con un momento moi importante para C21, a toma de posesión de José Palacin como concelleiro neste mandato 2019 - 2023.
 
Palacin manifestou que  "con Tui e con Converxencia 21 no seu pensamento inicia unha nova etapa que lle debe aos nosos 929 votantes do 26 de maio, ao esforzo de todos e cada un dos compañeiros de Converxencia 21 e ao sacrificio especial de Carlos Vázquez Padín e de Mila González". Palacin xuramentou con libro do noso fundador "A miña visión do futuro de Tui".

Xa en relación a súa intervención dicir que o noso representante agredeceu a quenda de palabra que lle concedeu o Excelentísimo D. Enrique Cabaleiro, felicitando a cidadania de Tui polo seu cumprimento exquisito ca democracia e precisamente ao alcalde electo polo seu cargo adquirido tan incontestablemente nas urnas. 

Pola outra banda suliñamos a vontade de C21 de facer unha oposición leal, constructiva, responsable e elegante pero rigorosa, defendendo o legado de Carlos Vázquez Padín e o do noso equipo de goberno no pasado mandato.

En próximas intervencións iremos argumentando este posicionamento.

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?