Intervención de José Palacín ante a proposta de Alcaldía de convocar plenos bimestrais


No pleno extraordinario de hoxe o Exceléntisimo Alcalde D. Enrique Cabaleiro presentou a proposta de convocar os plenos bimestralmente, ou sexa, so seis plenos o ano, unha medida que se ben é legal, rompe ca etapa de ampla liberdade otorgada polo Sr. Carlos Vázquez Padín e supón unha restrición severa para os grupos da oposición e cara o rendemento de contas ante a cidadanía de Tui. 

A continuación relatamos o intervención do noso concelleiro, José Palacín, con motivo deste punto do orde do día que finalmente saiu adiante cos votos a favor do Grupo de Goberno e a abstención de Ciudadanos. 

"No meu discurso da súa investidura prometinlle que C21 faría unha oposición leal, o que significa non actuar a traizón, por iso onte subín o seu despacho para explicarlle a miña posición precisamente sobre este asunto de convocar os plenos bimestralmente. 

Non vamos a apoiar esta proposta. Evidente a postura de Converxencia 21 neste senso e exemplificante e ninguén nos pode acusar do contrario posto que o anterior Alcalde, D. Carlos Vázquez Padín, por transparencia e por hixiene democrática adoptou a medida de convocar plenos mensuais dende comezos do seu mandato.

A lexislación efectivamente o ampara Sr. Cabaleiro.  Ley 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de las Bases del Régimen Local. Art 46.2.a. Nengún reparo nese aspecto.

Pero o marxe do puramente legalista Vostede se escuda en que non hai persoal, pois o persoal dispoñible e o mesmo que con o Sr. Padín, sem embargo o Sr. Padín mantivo o tipo.Verá, eu entendo que dende un punto de vista executivo sexa máis operativo para o Goberno esta disposición. Pero Sr. Cabaleiro o que vostede considera operativo para o Goberno constitúe en certo modo unha mordaza para o oposición.
Sr. Cabaleiro paréceme contraditorio que a súa Señoría, o denominado pola prensa “Alcalde del Talante”  (que ademáis hai mimbres para que o sexa) tome unha medida restritiva no que respecta a liberdade de expresión e ao rendemento de contas, e máis cando goza vostede da maioría absoluta menos un voto e a maioría absoluta dos concelleiros grazas a incorporación do Sr. Laureano Alonso. 

Ten vostede unha balsa de aceite. Ante un panorama aparentemente tan favorable, non era mellor render contas cada mes ante os tudenses? Sen embargo, debo apelar o final da conversa no seu despacho en que me afirmou que si melloraba a situación do persoal - (que creo que non existe tal problema, diso xa falaremos longo e tendido) - o ano que ven pasaría os plenos a mensuais. Oxalá sexa así, e terá recoñecemento de C21.  

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?