Referente as declaracións da Sra Concelleira de Cultura sobre as Festas de San Telmo e Festas de Verán
Dende Converxencia 21 queremos aclarar as declaracións realizadas pola Sra. Concelleira de Cultura Dª Sonsoles Vicente en relación coas Festas de San Telmo e cos eventos de Verán neste ano 2019. Respecto as Festas de San Telmo, subliñar que a cifra de gasto non chega aos 300.000 euros como afirmou a Sra. Concelleira; e a máis consideramos que estas Festas foron as mellores da historia cunha programación variada e de gran calidade. Queremos recordarlle ao Partido Socialista que o seu Goberno pagou 180.000 euros, as segundas Festas máis caras da historia en 2017, con eventos de menos entidade, sobre todo no que se refire aos concertos e atraccións, porque nos fixemos unha xestión exemplar dos cachibaches e moi orixinais espectáculos na rúa. Evidentemente un artista en boga como Blas Cantó e sobre todo unha formación da traxectoria de Orquesta Mondragón teñen un cache, non en vano a Mondragón atesoura 5 “hits” na música española, e os seus discos “Bon Voyage” e...