Referente as declaracións da Sra Concelleira de Cultura sobre as Festas de San Telmo e Festas de Verán
Dende Converxencia 21 queremos aclarar as declaracións realizadas pola Sra.
Concelleira de Cultura Dª Sonsoles Vicente en relación coas Festas de San Telmo
e cos eventos de Verán neste ano 2019. Respecto as Festas de San Telmo, subliñar
que a cifra de gasto non chega aos 300.000 euros como afirmou a Sra. Concelleira; e a máis consideramos que estas Festas foron
as mellores da historia cunha programación variada e de gran calidade.
Queremos recordarlle ao Partido Socialista que o seu Goberno pagou 180.000
euros, as segundas Festas máis caras da historia en 2017, con eventos de menos entidade,
sobre todo no que se refire aos concertos e atraccións, porque nos fixemos unha
xestión exemplar dos cachibaches e moi orixinais espectáculos na rúa.
Evidentemente un artista en boga como Blas Cantó e sobre todo unha formación da
traxectoria de Orquesta Mondragón teñen un cache, non en vano a Mondragón atesoura
5 “hits” na música española, e os seus discos “Bon Voyage” e “Bésame Tonta”
están extraordinariamente valorados pola critica e no seu día polo mercado.
Cáusanos sorpresa que o Partido Socialista critique en C21 o que alaba do
seu Alcalde referente, D. Abel Caballero, que este ano gastou case 4 millóns de
euros nas luces do Nadal pero que supostamente beneficiaron de forma substancial
a hostalería de Vigo. Nos consideramos
que estas festas en Tui igualmente supuxeron unha notable fonte de ingresos
para os comerciantes e para o sector hostaleiro tudense. A máis o PSOE avogou
por unhas festas patronais de entidade, pedímoslle coherencia a hora de valorar
o evento de 2019 que consideramos moi
positivo en relación calidade, custo, repercusión
e resultados.
Respecto o que se desprende das declaracións da Sra Concelleira sobre as
Festas de Verán, subliñar que temos que presentar unha queixa formal. A Sra.
Concelleira da a entender que os presupostos de IKFEM e ARRAIANOS están
extinguidos. Iso é non e certo. O Goberno de C21 foi o primeiro en introducir
en orzamentos as partidas dos devanditos eventos. Son orzamentos blindados e
polo tanto en plena dispoñibilidade para este exercicio.
Por outra banda, unha inexactitude que se podería desprende do artigo de
Faro de Vigo o respecto da Música no Claustro. O feito de que non teñamos
concerto este ano non e culpa do Goberno anterior. Este evento celebrase cada
dous anos e este 2019 non toca.
Declaracións de José Palacín na Radio Municipal de Tui. (29/07/2019)
Declaracións de José Palacín na Radio Municipal de Tui. (29/07/2019)