Remodelación da entrada de Tui pola Avenida de Portugal.


Dende Converxencia 21 congratulámonos polo anuncio do proxecto de remodelación no tramo que vai dende a Ponte Vella Internacional ata a intersección ca Estrada de A Guarda, reordenando así a sección da actual N-551. 

E unha obra longamente demandada pola cidadanía tudense e que varios Gobernos Municipais, entre eles o de Converxencia 21, vimos reclamando, e por certo ignorada por PP - PSOE.
De feito en maio de 2018 o Goberno anterior do Sr. Vázquez Padín remitiu unha memoria o Ministerio de Fomento, a través da Subdelegación do Goberno, no que se solicitaba a transformación da Avda de Portugal dende a Ponte Vella ao Cruce de A Guarda e o Camiño Tenencia, e que incluso incluía esa rotonda que agora se anuncia.  

Chama poderosamente a atención que o Goberno Central, a través da Subdelegación en Pontevedra,  acorde agora acometer este expediente xusto cando o Goberno Local, tamén do Partido Socialista, leva tan so 15 días no poder. 

Agardamos que, efectivamente, as obras se vexan rematadas antes do próximo Xacobeo e que estes 750.000 euros de investimento sexan optimizados para solucionar non so as derivadas do feísmo senón tamén as deficiencias na circulación e aparcadoiro e na seguridade peonil e dos peregrinos.     

Na foto obsérvase ao equipo de Goberno anterior ca Subdelegada do Goberno en maio 2018.

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?