Ante a noticia de falta de cadeiras (sillas plegables) no Concello de Tui

A semana pasada un medio de comunicación publicaba un artigo baseado nunhas declaracións dos Sres. Concelleiros de Deportes e de Facenda que trataban un asunto un tanto insólito, a falta de cadeiras de propiedade municipal para poder acomodar aos asistentes nos eventos de verán.

O Sres. Concelleiros criticaban que o Goberno anterior, o noso de C21, deixara en depósito un número moi exiguo de sillas plegables pero isto dista moi lonxe da realidade.

Antes da entrada de Converxencia 21 no goberno non había 150 sillas como afirma o Sres. Concelleiros senón bastantes menos, de feito ante esa carencia de cadeiras o Goberno (2015 - 2017) do Sr. Cabaleiro presentou unha licitación dentro do Plan Concellos para a adquisición de varias unidades.

Pero a licitación artellouse con tal ausencia de criterio que se xuntou o pedido das sillas con outro de casetas de feira, (repetimos), todo xunto, o cal resultaba fabrilmente case incompatible. Por iso ao concurso, que xa tocou dentro do noso mandato, so se presentou unha empresa e cun orzamento moi por enriba do plantexado. Así que este concurso quedou deserto.

Xa prácticamente fora do noso mandato, rozando as funcións, o Sr. Carlos Vázquez Padín desistiu por ética de facer unha nova licitación deixando a decisión en mans do goberno entrante tralo 26 de maio.

Dende Converxencia 21 lamentamos que se tratara este asunto con tal lixereza en vez de facer unha profunda reflexión sobre os valores cívicos cando se perde o estraga o erario público, por suposto iso sen fuxir da nosa responsabilidade polas cadeiras que se puidesen haber extraviado durante o noso mandato e polo cal pedimos desculpas a cidadanía.
  
Na prensa: Infomiño 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 solicita que se atenda a situación dos sumidoiros da Corredoira.

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.