C21 non fitra documentos.

Esta semana a Sra. Concelleira de Urbanismo realizóu unhas declaracións na Radio Municipal de Tui polas cuais insinuaba a filtración dun documento entregado polo Goberno nunha Comisión Informativa ao resto dos Grupos Municipais. Se trataba concretamente dunha folla de correccións de erros relativa ao expediente de Paramos. 

Ante isto, C21 emitiu un comunicado trasladado a Radio Tui polo seu Concellerio, José Manuel Palacín. 

Comunicado:

"Para comezar, dende Converxencia 21 queremos rexeitar as prácticas de filtracións documentais en calquera ámbito das administracións públicas e por suposto da Xustiza, por iso ante este suposto caso que presentou na Radio Municipal de Tui a Sra. Concelleira de Urbanismo temos que declarar que C21 non acude a estes métodos truculentos. 

Aclarado isto, tamén temos que rexeitar o procedemento polo cal a Sra. Concelleira presenta o caso, suxerindo que a filtración procede de algún membro da Comisión Informativa de Urbanismo,  sen especificar de quen se pode tratar. Con isto arroxa unha sombra de sospeita sobre toda a membresía, cuestión absolutamente inadmisible.

C21 solicita ao Goberno que cada vez que faga algún tipo de inculpación procure dotarse de probas ou como mínimo señalar a un presunto acusado en vez de verter denuncias indiscriminadas. 

Repetimos, C21 non fai nin fará filtracións documentais".     

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.