C21 insta ao Goberno a presentar un plan de dinamización dos tres sectores económicos a medio e longo prazo

C21 quere felicitar a Concelleira de Emprego pola organización do Obradoiro celebrado esta semana na Aula da UNED. É unha boa iniciativa que a ben seguro axudará aos demandantes na súa inserción laboral. 

Sen embargo, estas medidas, ben resultando útiles, son complementos ao que verdadeiramente necesita Tui, un proxecto de dinamización dos tres sectores económicos. 

As nosas parroquias teñen gran potencial para o desenvolvemento no sector agrario, pero sobre todo urxe a ordenación e posta en marcha dos polígonos industriais de Guillarei e Ribadelouro como continuación natural do Polígono das Gándaras de Budiño. Sen implantación empresarial Tui non se acoplará aos tempos vindeiros.

C21 insta ao goberno municipal a que se poña a traballar neste proxecto de maneira inmediata. Nese senso contará ca colaboración dos Liberais de Tui. 

Por último inferir en que o comercio de Tui sufre un gran declive que so se pode reverter mediante unha dinamización global do entorno socio económico que pasa por afrontar os retos subliñados e por axudar aos comerciantes a consolidación das súas respectivas actividades.      

Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.