C21 solicita ao goberno actual que aproveite a avantaxas e realice propaganda institucional da Rede de Xuderias.


Dende C21 queremos aproveitar o acto de protocolización da entrada na Rede de Xuderías para incentivar ao Goberno a aproveitar este prestixioso fito co fin de colocar, se cabe máis, a Tui no mapa das cidades de maior riqueza patrimonial de España e que isto a súa vez sirva como acicate para a expansión do Turismo. 


Para C21 a entrada na Rede de Xuderías de España era un dos obxectivos primordiais do seu mandato e así o demostramos, logrando dita inclusión en marzo deste ano baixo a batuta de Carlos Vázquez Padín e co inestimable traballo técnico documental do noso historiador Suso Vila, … é máis, pedímoslle a este Goberno que lle faga un recoñecemento a o Sr. Vila pola dita labor, e moi fundamentalmente que realice unha abundante campaña institucional da nosa nova condición de socio na Rede de Xuderías de España.

No próximo pleno C21 fará un rogo neste sentido.   

Artígo de Carlos Vázquez Padín sobre a súa experiencia como catalizador da entrada de Tui na Rede de Xuderías de España.  

IR AO ARTIGO DE CARLOS VÁZQUEZ PADÍN. 

Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.