Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2019

Acto reivindicativo nos calabozos do Xulgado de Tui.

Imaxe
O noso Concelleiro, Jose Palacín, durante a inauguración dos Xulgados de Tui realizou unha discreta acción solidaria co Ex Alcalde, Carlos Vázquez Padín, deixándose fotografiar por un medio dentro dos calabozos. Dita foto publicouse ao día seguinte tal como o noso propio concelleiro calculara.  A foto de Palacín dentro do calabozo do Xulgado, ca porta entreaberta, alegoriza a situación que viviu Carlos Vázquez Padín durante a súa alcaldía ao ser enviado aos xulgados con denuncias falsas, improcedentes e insostibles que tiñan como único propósito desprestixiar a súa xestión e o seu nome para así embarrar o terreo político e sacar ventaxa cara as Eleccións do 26 de maio.  Afortunadamente a Xustiza, ca independencia e profesionalidade que a caracteriza, dictaminou a súa absoluta inocencia, limpando o seu nome, en particular ao respecto das acusacións proferidas polo Representante de En Marea que foron contestadas con un informe de Fiscalía que avalaba a procedencia das ...

C21 congratúlase do éxito do Tui Emprégate 2018 - 2019.

Imaxe
C21 quere felicitar a todos aqueles que conseguiron un posto de traballo ou iniciaron un proxecto empresarial autónomo tras rematar o Programa Tui Emprégate 2018 - 2019, un programa iniciado polo Goberno do Sr. Carlos Vázquez Padín e rematado baixo a supervisión da actual Concelleira de Emprego Dª Ana Núñez. O programa resultou un éxito total posto que se superaron tódalas expectativas de empregabilidade, fixadas nun 45%, e chegando ao 71%, persoas que agora están ocupadas en empresas de automoción, comercio, hostalería ou alimentación ou incluso que emprenderon o seu propio proxecto empresarial.  Tamén felicitamos ao Goberno Actual por volver a solicitar a Concellería de Economía, Emprego, Industria a realización dunha nova edición.  O Goberno de C21, en colaboración ca Xunta de Galicia, votou a andar este programa fai un ano. Se partiu dun diagnóstico ocupacional de cada participante para, posteriormente, enfocar os perfís cara a tres itinerarios de formación: Ind...