Acto reivindicativo nos calabozos do Xulgado de Tui.

O noso Concelleiro, Jose Palacín, durante a inauguración dos Xulgados de Tui realizou unha discreta acción solidaria co Ex Alcalde, Carlos Vázquez Padín, deixándose fotografiar por un medio dentro dos calabozos. Dita foto publicouse ao día seguinte tal como o noso propio concelleiro calculara. 

A foto de Palacín dentro do calabozo do Xulgado, ca porta entreaberta, alegoriza a situación que viviu Carlos Vázquez Padín durante a súa alcaldía ao ser enviado aos xulgados con denuncias falsas, improcedentes e insostibles que tiñan como único propósito desprestixiar a súa xestión e o seu nome para así embarrar o terreo político e sacar ventaxa cara as Eleccións do 26 de maio. 

Afortunadamente a Xustiza, ca independencia e profesionalidade que a caracteriza, dictaminou a súa absoluta inocencia, limpando o seu nome, en particular ao respecto das acusacións proferidas polo Representante de En Marea que foron contestadas con un informe de Fiscalía que avalaba a procedencia das accións administrativas emprendidas polo entonces Alcalde de Tui en referencia da apertura da Rúa Ourense. 

Dende C21 pensamos que esta xudicialización alevosa da política co único obxecto de sacar renda electoral debería estar tipificada e causar un efecto boomerang sobre que a practica.

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?