C21 solicita a ampliación con zonas verdes do Colexio CEIP Nº 1.
C21 considera que esta xestión é
relativamente sinxela posto que ven dada por unha privilexiada ubicación
xeográfica do colexio, - o recinto está rodeado de fincas potencialmente verdes
-, e tamén avalada polo PXOU que, precisamente, contempla que unha das parcelas
lindeiras se destine a ampliación do susodito colexio.
Palacín solicita literalmente co
Goberno Local poña en marcha a maquinaria administrativa para anexionar xurídica,
física e estruturalmente esta parcela lateral a dito centro educativo posto que a tal efecto conta
ca referencia dun proxecto encargado polo Goberno Anterior de C21.
Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 h.