C21 solicita a retirada ou corrección dos elementos perigosos da Rotonda de Guillarei.

Trala alerta espertada polo Partido Popular na última sesión plenaria ao respecto da perigosidade de algúns elementos da rotonda de Guillarei, nos mesmos acudimos a comprobar que efectivamente as aletas laterais sobresaíntes constitúen un risco para motoristas e ciclistas en caso dun impacto porque tería o mesmo efecto que un quitamedos.

Por outra banda, non nos parece correcta a comparación de custes que realiza a Sra. Concelleira de Urbanismo entre a construción da rotonda do Edar de Guillarei, que supuxo unha inversión de 316.000 Euros, pero que incluíu expropiacións, encamiñado de itinerarios peonís, pavimentación con capa de rodaxe, pavimento empedrado e de formigón no interior da glorieta, ampliación da plataforma da estrada, iluminación, sinalización, colocación de balizamento e defensas, mellora, limpeza e adecuación da drenaxe, todo iso, (repetimos), comparalo ca simple colocación dun ornato nunha glorieta xa construída.


Iso por non falar da necesidade da obra que se formalizou ca Xunta de Galicia baixo o Goberno de Converxencia 21 o respecto desta outra, que é de nula utilidade práctica, e que por enriba supón un risco para a integridade das persoas.


Por todo isto, instamos encarecidamente ao Goberno a rectificar ditos elementos temibles e no día de hoxe comunicamos por rexistro de entrada dita petición.

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?