O Colexio de A Macoca, outro proxecto de C21 que mostra a nosa visión de futuro.

A continuación transcribimos a intervención do noso Concelleiro, José Palacín, con motivo do punto da Orde do Día (Sesión Plenaria do 28 de novembro):

16º.- Expediente 2618/2019. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais do 21/11/2019, de proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 18/11/2019, de acordar cambio de uso de inmoble ubicado no lugar de A Macoca - con referencia catastral 36055A051000010000UB, equipamento EQ 104. 

A miña compañeira Mila González, que tan bo traballo realizou nas áreas de Mercado e Educación, sempre di que a recuperación de A Macoca para uso educativo era un dos seus grandes obxectivos, e por iso traballamos nesta dirección. De feito Carlos Vázquez Padín e a propia Mila González, presentaron en febreiro de 2018 ao xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, esta proposta, que foi ben recibida polo representante da Xunta. 

Lamentablemente non o poidemos cumprir baixo un mandato noso, pero o importante é que se leve a cabo, e por iso felicitamos ao Goberno Actual por este paso dado. 

Neste sentido, queremos agradecer a Entidade Menor a súa xenerosidade por esta cesión, agardando, por outra banda, que se cumpra a promesa realizada polo Excelentísimo Presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Núñez Feijoo, quen durante a inauguración dos Xulgados adiantou que nos próximos meses apostará pola posta en marcha deste colexio para Pazos de Reis.    

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?