C21 congratúlase de que o Goberno Local comece a responder a seu Plan #TUISEGURO co arranxo das rampas de acceso nos pasos de peóns das Rúas Ourense e Compostela.

O noso concelleiro ven a congratularse polo eco que está empezando a ter no Goberno Local o noso Plan  #TUISEGURO, e considera acertado que comezara a darlle resposta ca adecuación das rampas de acceso nos pasos de peóns das rúas Ourense e Compostela.

Dende C21 agardamos que este tipo de intervencións, que se enmarcan no espírito de mobilidade que preconiza o PMUS, e que o propio goberno de C21 impulsamos no pasado mandato, sirvan para mellorar a vida dos tudenses e visitantes, especialmente, daqueles que presentan algún problema de minusvalía. 

C21 felicita ao Goberno, e con este impulso síntese animado a seguir traballando por un TUISEGURO, e sumará nas próximas semanas mais iniciativas os xa 25 escritos presentados dende novembro.     


Na Prensa: 

Faro de Vigo. (Nota: a noticia vai involucrada ca a da petición do arranxo dos postes de electricidade e teléfono que corren perigo e caída).   
Telemariñas. 
Infomiño.  
Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 h. Día 24 de Xaneiro de 2020.  

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?