C21 solicita a actuación inmediata sobre algúns elementos patrimoniais e outros de titularidade municipal.
O noso concelleiro, José Palacín, solicitou por
rexistro de entrada a distintos membros do Goberno Local a inmediata
intervención na limpeza e restauración de diferentes elementos patrimoniais
como a Muralla no seu transcurso polo paseo fluvial ou as ménsulas da Casa dos
Capeláns, así como a reparación de elementos deteriorados como fiestras rotas
no edificio do Concello que supoñen un perigo para os transeúntes e a
colocación das bandeiras preceptivas na sede da Policía Local unha vez
consumado o traslado dos Xulgados.
C21 tamén considera fundamental
unha intervención no entorno da Ponte Romana para evitar que nun futuro se
formen lamuxadas que convertan en intransitable o paso e impedindo as visitas a
un dos monumentos máis representativos e valiosos de Tui, recordando que
debería instarse a Patrimonio a analizar a estrutura da ponte tralas recentes
crecidas.
Foto: Podemos ver a degradación do Consistorio cas fietras rotas a pe de rúa, o que supón un perigo para os transeuntes. campaña #TUISEGURO
Prensa
Radio Municipal Noticias 13,30 do día 9 de xaneiro.