C21 solicita a mellora da seguridade na tirolina do paseo fluvial.

Dentro do Plan #TuiSeguro, o noso concelleiro solicitou por rexistro de entrada o inmediato arranxo da plataforma de partida da tirolina do paseo fluvial.

Os argumentos de C21 polos cales consideramos que esta base de partida é un serio peligro para os nenos son:

1) Porque a altura a que teñen que subir os cativos é considerable,

2) debaixo o terreo é pedregoso, cheo de rocas cortantes, e

3) a plataforma de ferro non se atopa protexida.

José Palacín explicou na Radio Municipal de Tui que agrada se acometa esta sinxela obra o más pronto posible e ponse a disposición da Sr. Concelleira de Parques e Xardíns para aportar ideas. 


Foto: Na foto podemos observar as deficiencias gravísimas da tirolina na súa plataforma de lanzamento.   

Prensa: 

Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 h do día 21/01/2020

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?