C21 solicitamos que se volva a arranxar o aparcamento municipal da Área Panorámica.

O noso concelleiro introduciu por rexistro de entrada a petición para que se acometa un novo arranxo da explanada da Área Panorámica explicando que a hipotética construción dun parking nestes terreos aínda non está consolidada nin política, nin xurídica, nin empresarialmente, e que os cidadáns de Tui e foráneos necesitan dun lugar practicable para aparcar os seus vehículos posto que actualmente o deterioro do chan volve a ser notable. 
Palacín suxire que esta intervención debería ser máis duradeira ca última que efectuou este Goberno. 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?