C21 Tui amosa a súa preocupación polo crecemento de familias en dificultades.
C21 expresoulle ao Goberno Local, concretamente ao Sr. Concelleiro de Asuntos Sociais, D. Ismael Diz, a súa preocupación polas altas cifras de risco
de exclusión social e necesidades de asistencia básica que se están a acadar en
Tui, segundo explicou perfectamente na Radio Municipal o Sr. Presidente da Asociación
Asistencial SOS Baixo Miño, a quen C21 quere felicitar pola súa labor
inestimable e altruísta.
Por iso o noso Concelleiro, José Palacín, insta o Goberno
Local de PSOE - EN MAREA a ter a máxima receptividade ca petición de
axuda loxística que realizou onte o Sr. Presidente desta entidade co obxecto de que
poidan atender a estas 96 familias afectadas.
Converxencia 21 tamén lle recorda
ao Goberno que a mellor asistencia social é o traballo digno procedente da economía produtiva e que o Goberno de Carlos Vázquez Padín conqueriu as maiores cotas de emprego da historia recente de Tui, con un comportamento superior ao do resto do Estado español en 2019.
No seguinte enlace pódese comprobar co mellor pico de empregabilidade da historia recente de Tui (13,77 %) consíguese baixo o Goberno de C21, en maio de 2019, xusto ca nosa saída do Goberno. A partires dese instante morre a tendencia positiva e iniciamos un vía crucis de paro, o que, a súa vez, deixa a máis familias en situación de vulneranilidade.