Solicitude para reparación de postes e beirarrúas no centro urbano.


Dentro da súa campaña #TUISEGURO, C21 solicitou a intervención sobre dous postes de teléfono e luz que ameazan con caerse e tamén sobre varias beirarrúas que presentan unha deficiente urbanización ou adoquíns levantados e que tamén poden ser espazo de risco peonil. 

Por unha banda temos dous postes, un de madeira na Rúa Maristas que presenta un perigo de derrube inminente, e outro eléctrico, na intersección de Casal Aboy – A Guarda, suxeito precariamente con tirantes.


O  noso concelleiro tamén solicita a correcta urbanización, ou polo menos a reparación, da beirarrúa Casal Aboy no tramo que esta percorre entre a intersección ca Rúa Maristas e a intersección ca Rúa A Guarda, do mesmo modo que a recolocación de algúns adoquíns na rúa Ourense. 


Por outra banda a partir de febreiro C21 levará a súa campaña #TUISEGURO as parroquias, iniciando o seu periplo en Caldelas onde se detectou unha fosa extremadamente perigosa na marxe da estrada PO 404, co cal C21 requirirá a Xunta de Galicia o seu tapado, sen que iso sexa óbice para que o Goberno Local axude tamén a tramitar esta cuestión. 


Foto: Poste a caer na Rúa Irmáns Maristas. Con so tocalo empeza a mecerse e se ve que so está sostido polos cables. 

Prensa

Radio Municipal de Tui, Noticias 13,30 h do día 13/01/2020 
Faro de Vigo

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?