C21 congratúlase do arranque dun dos seus proxectos estrela.


O noso concelleiro, José Palacín, afirma: “Sentirse orgulloso ante a entrega de premios do Concurso de Ideas para a Reordenación do Frente Fluvial do Miño”.

Palacín congratúlase de que “o Goberno Actual se aliñe ca viabilidade e idoneidade deste proxecto, ideado e posto en marcha por Converxencia 21 no mandato anterior e que sen dúbida será un referente europeo de conxugación entre cidade e natureza, moi na liña da visión de C21 sobre o futuro de Tui e que Carlos Vázquez Padín plasmou no seu último libro”, e pide expresamente ao Goberno do PSOE – En Marea a máxima promoción e posta en marcha de recursos para que algún día ese proxecto se plasme como realidade.

Esta noite, o Exceléntisimo Sr. Alcalde, D. Enrique Cabaleiro, durante a entrega de premios mencionou expresamente, con elegancia e xustiza, que este proxecto foi artellado polo seu predecesor.

C21 quere felicitar ao xurado e sobre todo ao equipo gañador do concurso, composto polas arquitectas Dª María Fandiño Iglesias e Dª Miriam García García, debido a súa brilante proposta “Marxes Líquidas”, por último, como non, a tódolos participantes porque tamén nos seus traballos atópanse as semintes do futuro Tui fluvial.


 Foto: José Palacín e María Fandiño a lado dos paneis que representan o proxecto gañador "Marxes Líquidas". 

Prensa: 

Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 h do día 7 de Xaneiro de 2020. 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?