C21 inicia o seu proxecto "Loita POla 404".

C21 inicia o seu proxecto "Loita POla 404" que consiste en solicitar a Xunta de Galicia a mellora desta estrada, posto que é unha arteria comunicativa de Tui con Salvaterra, Salceda e cas nosas parroquias de Guillarei, Paramos, Baldráns e Caldelas.

Aproveitando que agora nos atopamos nun momento estratéxico, as portas dunhas Eleccións Autonómicas, vimos de pedir ao Sr. Excelentísimo Alcalde, D. Enrique Cabaleiro, que solicite á Xunta, e incluso a tódolos partidos concorrentes, que prometan, en caso de que gobernen en San Caetano, a intervención en varios puntos críticos desta vía. 

A  primeiro tramo que o noso concelleiro, José Palacín, suxire arranxar, atópase entre o Km 3,120 e o Km 3,250, onde existe un perigo dobre, por unha banda os balados e por outra a absoluta interrupción da circulación peonil, propoñéndose aquí a solución dun levantamento dos arcens nas marxes, amparadoas por muros e unhas pasarelas laterais para liberar a ponte sobre o regato.

C21 reforzará esta petición con outras diante do Centro Cultural de Paramos, para a limitación de velocidade, e fronte a Estación de Tren, Colexio Pelouro e Gardería en Caldelas para salvagardar a seguridade dos nenos principalmente.

Todas estas solicitudes do "Plan Loita POla 404" serán levadas por moción na próxima comisión e pleno. 

Prensa: 

Radio Municipal de Tui, noticias 13,30 h. 24/02/2020  

Faro de Vigo 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?