Moción de José Palacín en post da implantación dunha Plataforma de Participación para a Cidadanía.
Eu, D. José Manuel Palacín y Rguez
como voceiro de Converxencia 21, e
ao amparo do Artigo 97.2 de Real
Decreto 2568/1986 de 28 de Novembro de 1986 da ROFRXEL presento a seguinte Moción
de Urxencia a esta Sesión Plenaria a celebrar o día 30 de xaneiro
de 2020.
Expoñendo que
Introdución.
A democracia naceu na antiga Grecia, pero non todas as
polis gozaban deste sistema de goberno, no mellor dos casos, por exemplo en
Atenas so se beneficiaban do privilexio da participación sobre o 30% dos
habitantes da cidade, posto que metecos e escravos, e por suposto tódalas
mulleres, quedaban excluídas. A moitos atenienses lles parecía suficiente pero
uns visionarios como Pericles e Cimón pensaron que este dereito de
participación podería ampliarse e reduciron aos excluídos.
Ca era contemporánea xurdiron as primeiras democracias
liberais en EE.UU, Francia, e Gran Bretaña, incluso co andar do tempo en
España. Esa democracia empezou sendo censitaria (se votaba si se superaba unha
renda), por tanto, pobres e mulleres non exercían o voto. A moitos individuos
conservadores esa cantidade de democracia parecíalles suficiente pero algúns
movementos libertarios pensaban que tiña que ampliarse o espectro de votantes.
Trala loita, a mediados do século XIX moitos países
comezaron a superar as restricións, pero as mulleres seguían sen participar e algúns
pensaban que iso era correcto e ía a quedar así para sempre, ata que as
sufraxistas conquistaron os seus dereitos, e así alcanzamos o Sufraxio
Universal desta Democracia Representativa. Moitos consideraron que esta Democracia
Representativa era suficiente, e por tanto perpetua, sen embargo uns poucos utópicos
proxectaron teorías que desembocaron na Democracia Deliberativa, na Democracia Participativa
e incluso na Democracia Liquida que hoxe está tan en boga.
Países como Suíza presentan doses de responsabilidade na
toma de decisións por parte da cidadanía moi superiores as xa clásicas
Democracias Representativas, entre as que figura a de España. Sen embargo, o nosa Constitución recoñece o dereito a
participación directa, e incluso gran parte da normativa lexislativa periférica
a potencia.
As entidades e administracións locais son o campo de
probas por excelencia desta nova ofensiva pola liberdade e pola Democracia
Total, por iso cada vez mais consistorios de España implementan ferramentas en
pos desta conquista.
Os sofwares organizacionais que desenrolan plataformas
virtuais de Participación Cidadán é son os instrumentos por excelencia dos
Concellos para lograr unha maior transparencia e unha plena integración da
cidadanía na toma de decisións.
Os cometidos dunha
Plataforma son:
a)
Desenrolo efectivo e normativo da participación directa
da cidadanía, establecido no artigo 23 da Constitución Española e normativas de
regulación tales como son a Lei 7/85 do 2 de abril que regula as Bases do
Réxime Local e a Lei 57/2003 do 16 de decembro que procura a modernización dos
Gobernos Locais.
b) Fomentar a transparencia e a colaboración social,
facilitando a máis ampla información sobre os asuntos públicos, así como a
comunicación bidireccional e interactiva entre a cidadanía e as súas
asociacións, (ou sexa a sociedade civil)
e as estruturas administrativas municipais, así como axudar a enriquecer
o tecido asociativo relacionado cos asuntos públicos.
c) Garantir o acceso dos cidadáns as estruturas
e recursos municipais e posibilitar a súa implicación na xestión dos
equipamentos, actividades e decisións municipais.
A Plataforma de
Participación para a Cidadanía é unha impulsora dos dereitos dos cidadáns:
Todo cidadán ten dereito a
información, participación, colaboración:
- Dereito a participar nas sesións.
- Dereito a Consulta Popular ou Referendum
Local.
- Dereito a colaborar.
- Dereito a dirixir solicitudes e
propostas.
- Dereito a presentar queixas, reclamacións
ou suxestións.
- Dereito a unha Iniciativa Popular.
- Dereito a participar en decisións
colectivas.
- Dereito a Intervención nos Plenos
Municipais.
- Dereito a reunión e asociación.
- Dereito a rexistrar asociacións sendo
declaradas de utilidade municipal, contemplando tamén o dereito das asociacións
e plataformas sen personalidade xurídica.
- Dereito de acceso a axudas e
subvencións.
- Dereito a convenios de colaboración.
- Dereito de uso dos medios e instalacións
municipais
E mais dereitos que omitimos para
no elevar esta moción a enésima potencia do infinito.
No Concello de Tui moitos destes
dereitos está cubertos pola normativa do Réxime da Administración Local, pola
atención do funcionariado nos seus distintos departamentos administrativos,
polos representantes públicos dos diferentes grupos municipais, por
determinadas ferramentas e medios de comunicación como a páxina web e as redes
sociais do Concello, e especialmente pola labor inestimable da nosa Radio Municipal,
existe incluso unha aplicación de incidencias ou un buzón de suxerencias …pero
existen outros dereitos como a participación nas decisións colectivas ou sobre
todo as enquisas ou as consultas populares que carecen dunha ferramenta eficaz
e acorde aos tempos actuais.
Por iso, consideramos que para
alcanzar ese estatus de visionarios, de emprendedores da democracia debemos implantar
un sofware que implemente unha plataforma virtual de participación.
Por exemplo, agora que se está a artellar
a transformación no trafico rodado, este instrumento houbera sido útil para
coñecer a opinión dos tudenses de forma anónima
e dende logo libre.
Os cidadáns non son clínex de
usar nas Eleccións e tirar ao esquecemento das súas responsabilidades e
dereitos durante catro anos, acaparando o Sr. Excelentísimo Alcalde ou os 17
representantes municipais de maneira drástica o poder de decisión
absoluto.
Por iso, dende C21 desexamos dar
un paso máis na cantidade e na calidade da democracia ao servizo dos individuos
e da sociedade. Non sabemos a ciencia certa se sería bo ou malo converterse nun
paraíso fiscal pero do que si somos conscientes e de que debemos converternos
nun paraíso democrático.
Polo tanto, apoien o acordo para
crear unha aplicación sofware que funcione como plataforma virtual de
participación cidadán.
José Manuel Palacín
Concelleiro de C21