Prospera a Moción de Converxencia 21 para que se revisen tódalas pontes de Tui.

Neste pleno de Xaneiro C21 conseguiu sacar adiante a súa moción sobre a revisión de tódalas pontes que se atopan na demarcación municipal de Tui. Esta iniciativa de urxencia defendida por José Palacín, aprobouse por unanimidade do Pleno e terá dous ámbitos de actuación, por unha banda a supervisión da seguridade das pontes de titularidade municipal, que acometerá o propio Concello, e por outro lado, o requirimento as administracións competentes desa revisión en infraestruturas como a Ponte Internacional ou a Ponte Romana da Veiga do Louro. Todo isto xustificado polas recentes crecidas.

Noutra orde de cousas, C21 felicitou ao Goberno por poñer a terceira pata na mesa da seguridade de Tui, ao xestionar a adhesión ao Plan Anti Incendios da Xunta de Galicia. O noso concelleiro recordou que o Goberno de D. Carlos Vázquez Padín colocara as outras dúas bases ca reactivación do Servizo de Protección Civil e aprobación do Plan de Emerxencia Municipal (PEMU). 

Palacín considera que esta sesión plenaria foi interesante pola capacidade da súa formación, e da oposición en xeral, para levar a iniciativa política con asuntos que contribúen ao prosperidade de Tui. 


Na prensa: 

Telemariñas
Faro de Vigo 
Radio Municipal de Tui.

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?