Ante as medidas do Concello de Tui para paliar a expansión do COVID 19

No día de hoxe o noso concelleiro, José Palacín, conpareceu xunto cos demáis Sres Voceiros de Grupos Municipais e o Excelentísimo Alcalde do Concello de Tui para explicar as medidas adoptadas fronte esta crise do Coronavirus. 

Subliñar que estas decisións que valoramos como determinativas,  parten dunha Xunta de Portavoces celebrada na maña do día 11 de marzo, na cal tamén participou o noso representante institucional. 

Previamente a esta xuntanza, C21 plantexara a través de rexistro de entrada 12 medidas para prever a propagación do virus que, por certo, foron moi ben acollidas pola maioría dos representantes institucionais e polo Sr. Ilustrísimo Alcalde D. Enrique Cabaleiro.

Nesta rolda de prensa José Palacín explicou que:

"C21 nesta nova etapa está traballando pola seguridade de Tui e da súa veciñanza, por iso, esta crise supón un novo capítulo en pos dun Tuiseguro, so que no eido da saúde pública e con unha dimensión colosal debido a grave pandemia que estamos a sufrir a nivel mundial, e en España con especial virulencia.  C21 agradece a receptividade do Sr. Alcalde as medidas presentadas polo noso concelleiro e considera axeitadas as resolucións tomadas para paliar os contaxios, que se ben son moi gravosas para a cidadanía, nestes intres resultan imprescindibles. 

Pero non serve de nada todo o que estamos a facer dende as institucións se despois non existe responsabilidade individual e non se seguen as directrices das autoridades sanitarias e institucionais".   

Por último a seguinte reflexión: "O liberalismo baséase na liberdade individual, e esta conleva unha grande responsabilidade, pero se a responsabilidade, ou a sexa, a parte dos deberes non se exerce, a liberdade queda restrinxida e polo tanto non poderemos aspirar a gozar dos nosos dereitos. Estaremos a mercede da iniciativa coercitiva do Estado e o ser humano quedará anulado pola masa". 

Sexamos responsables, disciplinados e solidarios. Quedémosnos na casa, evitemos contactos, non fagamos desplazamentos innecesarios, manteñamos aos nenos na casa, non acopiemos víveres.  ¡Derrotaremos ao virus!   

Prensa

Metropolitano 


Telemariñas

Infomiño



Foto: Betty Rey (Radio Municipal de Tui)

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 solicita que se atenda a situación dos sumidoiros da Corredoira.