C21 solicita o soterramento dos cables eléctricos que surcan o horizonte diante do miradoiro da Capela da Misericordia.


A raíz dos continuados comentarios dos visitantes e turistas nos que se critica o feísmo que supón ter uns cables eléctricos percorrendo o horizonte do miradoiro da Capela da Misericordia, José Palacín solicitou por rexistro de entrada a D. Laureano Alonso, que se actúe ao respecto e que se elabore un proxecto, iso si, consensuado con Patrimonio, para a reordenación deste cables por medio dun soterramento.

Do mesmo modo, Palacín afirma que “C21 seguirá insistindo ata a total extinción dos elementos distorsionadores do entorno no casco histórico de Tui”.


Na Prensa. 

Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 h.  do día 5 de marzo. 

Faro de Vigo.

Telemariñas

Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.