C21 solicita un Plan de Choque Fiscal para Tui

O noso Concelleiro, José Palacín, manifestou de maneira informal ao Sr. Alcalde, o Ilustrísimo D. Enrique Cabaleiro, que dende a Concellería de Facenda  deberíase artellar un aprazamento dos impostos dependentes do Concello. 
Do mesmo modo, C21 solicita que, pasada a crise do COVID 19, se lance un Plan de Choque Fiscal Municipal consistente nunha baixada de impostos na liña das actuacións de C21 durante o mandato anterior, especialmente no IAE, co propósito de aliviar a asfixia a que as empresas veranse sometidas debido a rotura da cadea de pagos e a ausencia de ingresos durante os próximos meses.   
C21, no introduciu ningún escrito por rexistro de entrada a fin de non prexudicar  o normal funcionamento dos servizos mínimos do Concello, e que estes se centren en atender as persoas en situación de vulnerabilidade e nas cuestións de índole sanitaria.

Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.