C21 solicita unha actuación na Fonte de Riomuiños.


O noso concelleiro, José Palacín, ven de solicitar por rexistro de entrada a reparación da Fonte de Riomuiños para reverter a actual situación de degradación na que se atopa.

A fonte do século XVIII, no barrio vinculado ao pasado sefardí, atópase nun estado de abandono e desleixo que se fai patente polas accións vandálicas, como a realización de pintadas en tres das súas caras ou presenza de restos de adhesivo.

A situación agrávase tamén ao presentar perda de morteiro nalgunhas xuntas, presenza de morteiro de cemento que resulta quimicamente agresivo, ou escamación e disgregación da capa superficial dalgúns sillares.

É por isto que xa se lle solicitou ao Sr. Laureano Alonso que se poña a traballar de inmediato na súa recuperación ca elaboración previa dun proxecto da man de Patrimonio que permita unha limpeza non agresiva, a aplicación de morteiros onde falta, a substitución dos morteiros de cemento gris por morteiro de cal e consolidación das capas de pedra disgregada. 

Deste xeito poderase frear a súa acelerada degradación e manter este ben cultural para as xeracións futuras, ao mesmo tempo que se obtería un espazo presentable e adecuado ás esixencias dun turismo cultural de calidade.

Prensa. 

Telemariñas  

Radio Municipal de Tui, Noticias 13,30 h, día 3 de marzo. 

Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.