C21 considera cumprida a súa obriga de fiscalización.

O noso concelleiro, José Palacín, presentouse onte nun pleno extraordinario celebrado en circunstancias de excepcionalidade, co obxecto de cumprir ca súa responsabilidade institucional.

 Intervención Palacín por punto 15:
(<a href=»https://docs.google.com/uc?export=download&id=
«>Descarga el archivo</a>) :

Foto: Radio Municipal de Tui

Palacín considera que o Excelentisimo Alcalde, D. Enrique Cabaleiro, debeu consensuar as condicións da convocatoria, reunindo previamente por medios telemáticos a Xunta de Voceiros para transmitir as súas razóns para abordar esta sesión. 

Dende C21 tamén lamentamos a formalización dunha convocatoria tan abrupta, que deixou ao conxunto da oposición so dous días para preparar un pleno con 18 puntos de orden do día, entre elés, un recoñecemento de crédito extraordinario con cargo ao remanente líquido de tesourería por valor de 722.000 euros, repartidos en máis de 700 facturas. 

Non embargantes, Palacín afirma:  "Adapteime as circunstancias como fan milleiros de funcionarios, empresarios, autónomos e traballadores deste país".  

C21 considera que neste pleno a súa formación erixiuse definitivamente como o partido da oposición máis sólido, un proceso que ven evolucionando de forma ascendente dende a toma de posesión e que agora se constata como unha realidade inequívoca.

Ao respecto dos puntos da Orde do Día, C21 iniciou votando a favor do levantamento do reparo de intervención das axudas aos afectados pola explosión de Paramos. Palacín afirmou textualmente: "Se nos ven pedindo -Queda na casa- pero os afectados de paramos non teñen casa", queixándose da absurdidade da burocracia que moitas veces imponse ao sentido común e a eficiencia administrativa".

Tamén votamos a favor da dotación orzamentaria con cargo a remanente e do convenio para a construcción da Pasarela sobre o Río Louro, solicitando a súa vez unha alianza co Concello de O Porriño con obxecto de mellorar as condicións ecolóxicas do río mediante un escrito alzado aos órganismos competentes.

Por suposto, facilitamos a modificación na ordenanza de percepcións de axudas sociais para flexibilizar e optimizar o proceso de acceso a ditas axudas neste momento de gran urxencia.

Para rematar nos atopamos co punto estrela pero tamén polémico, a aprobación de un recoñecemento extraordinario de crédito a cargo do remanente líquido de tesourería referente ao gasto das facturas deste último semestre e que contaba cun informe demoledor, por moi negativo, do Departamento de Intervención.

Vamos a transcribir a intervención íntegra do noso representante, na cal disecciona con municiosidade quirúrxica os diferentes capítulos de gasto, tomando como referencia o susodito Informe  de Intervención, que Palacín calificou como "Guía Turistica do Despilfarro". (ver intervención superior en Drive)

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.