Entrevista a José Palacín en Radio Municipal de Tui.

Esta mañá tivo lugar a entrevista ao noso Concelleiro na Radio Municipal de Tui.  

Palacín recoñeceu o labor de tódolos traballadores públicos e privados que están a esforzarse por salvar vidas e para manter a nosa sociedade en pé.  Do mesmo modo, ensalzou a exemplaridade dos tudenses no cumprimento das normas neste duro confinamento.

Xa en clave máis política, subliñou que bota de menos algunha reunión telemática da Xunta de Voceiros, procedemento moi sinxelo e que podería ser un foro para intercambiar ideas e sinerxias entre tódolos grupos municipais, posto que cando se nos saque desta corentena veremos unha paisaxe económica desoladora, sendo excéptico sobre as medidas que tomou o Goberno Central.

Tamén explicou que, pasado o período de Estado de Alarma, seguiremos suxeitos a medidas restritivas, habida conta de que esta é unha pandemia mundial que se extende por moitos países e que será dificil radicala en tanto en canto non se atope unha vacina ou un tratamento realmente eficaz que mitigue a mortalidade.    

Rematou José Palacín, recoñecendo a labor dos medios de comunicación, especialmente da nosa Radio Municipal.
    

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.