C21 deséxalle a mellor das sortes ao Sr. D. Juan Miguel Diz Guedes.

Converxencia 21 – Tui quere desexarlle a mellor das sortes na súa nova andaina ao Sr. D. Juan Miguel Diz Guedes, despois de que na sesión plenaria do día 28 de maio, presentara a súa renuncia a seguir no cargo de Concelleiro na Corporación de Tui. 

O Sr. Diz Guedes é unha das figuras políticas máis relevantes que naceu do seno de Tui, ocupando tódolos rangos da vida pública, dende Concelleiro en varias ocasións a Alcalde, e de Conselleiro de Xustiza e Interior da Xunta de Galicia ata Delegado do Goberno na nosa Comunidade, vinculado nesta etapa ao Partido Popular. 

Político de gran talento e traxectoria, demostrou sempre unha capacidade innata para adaptarse ao medio e manexar situacións de urxencia, por outra banda, a súa preparación e dilatada experiencia aportaban serenidade e diálogo, sobre todo nestes últimos tempos como Concelleiro do Partido Político Ciudadanos na Corporación tudense. 

Ante a súbita noticia trasladada ao final do Pleno polo propio Sr. Diz Guedes o noso Concelleiro, José Palacín, dedicoulle como tódolos compañeiros da Corporación, unhas palabras de alento. 
 
Os nosos mellores desexos.       

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.