C21 cos afectados de Paramos no II Aniversario da traxedia.

Hoxe, as doce da maña, tivo lugar a homenaxe aos afectados de Paramos e Guillarei con motivo do cumprimento do II Aniversario dende a explosión.

O noso concelleiro, José Palacín, e os nosos exconcelleiros, Mila González e Eduardo Freiría, estiveron a carón dos veciños nun acto moi emotivo.  

O Sr. Presidente e a Sra. Secretaria da Asociación de Afectados destacaron nos seus discursos o sufrimento dos veciños na súa longa loita por voltar a normalidade durante estes dous anos,  solicitando as Administracións que se pechen determinadas cuestións que quedan aínda pendentes.  



 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.