C21 solicita ao Goberno que arranxe os bancos do centro, do paseo fluvial e das parroquias.

O noso concelleiro solicitou por rexistro de entrada que se realice unha serie de pequenas intervencións en clave de reparación sobre os bancos de Tui. 

Estes elementos do mobiliario urbano, de vital importancia no verán e para as persoas maiores, presentan un lamentable estado de desleixo, tanto no centro, como no paseo fluvial e tamén nalgunhas parroquias, onde se nota que levan anos abandonados.

José Palacín pide que se limpen, se lixen e se pinten ou vernicen, e que se restitúan os que se atopan inservibles, apostando por materiais de fabricación e deseños acordes co entorno.

Prensa: 

Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 22 de Xuño de 2020.  

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.