C21 solicita unha praza de carga e descarga na Rúa Ourense.


O noso concelleiro acaba de solicitar por rexistro de entrada que se lles habilite unha praza de carga e descarga aos hostaleiros e comerciantes da zona tras recibir varias peticións. 

A praza estaría ao servizo de varios negocios co necesitan de forma perentoria. 

Do mesmo modo, C21 fará un estudo de necesidades destes aparcamentos especiais nas rúas do centro porque dende Converxencia 21 entendemos que unha das formas máis efectivas de dinamizar o comercio e a hostalería pasa porque os locais teñan conectividade loxística posto que isto abarata custes, optimiza recursos e facilita o labor dos traballadores. 

Na Prensa: 

Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30, día 11 de xuño.  
  
Telemariñas

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.