Compromiso de C21 co Teatro Principal

Hoxe o noso concellleiro, José Palacín, asistiu ao acto de presentación do anteproxecto do Teatro Principal a cargo do seu redactor, o Arquitecto D. Cesar Portela.

Para este gran arquitecto esta reconstrución (segundo as súas propias palabras) "supón un reencontro co seu pasado", 40 anos despois de que el mesmo deseñara o proxecto orixinal para rehabilitar esta peza mestra arquitectónica.

Dende C21 consideramos que a nosa participación foi esencial neste fito debido a que foi baixo a éxida do noso mandato cando o propio Alcalde, Carlos Vázquez Padín, e o noso concelleiro  de Patrimonio, Eduardo Freiría, xestionaron a compra do edificio e inciaron os primeiros trámites para a rehabilitación. 

A nosa formación solicita a o Goberno actual que non desfalezca na procura de financiación para este proxecto e que mestres tanto acometa unha obra básica de desescombro e apuntalamento para evitar máis danos a esta perla decimonónica. Non tornemos a época onde os partidos que gobernaban Tui non fixeron nada máis que agardar o colapso desta parte esencial da nosa vida cultural. 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.