Converxencia 21 corrixe ao Concelleiro de Patrimonio en relación as súas declaracións sobre o Teatro Principal.


C21 afirmamos sentirnos sorprendidos polo discurso co Sr. Concelleiro de Patrimonio emitiu durante a presentación do Anteproxecto de Reconstrución do Teatro Principal, celebrado onte na Área Panorámica.

O Sr. Titular de Patrimonio afirmou de forma taxativa que: “Ata fai un ano ninguén fixera nada en pos da rehabilitación do Teatro”.

Queremos correxir tal afirmación, porque partimos da base de que foi o goberno de C21 o que deu os primeiros pasos firmes na rehabilitación do inmoble, así como na recuperación do patrimonio moble.

O Noso concelleiro afirma que: “Todos estes feitos podense corroborar pola compra do edificio trala aprobación plenaria do 31 de maio de 2018 e pola recuperación do telón, hoxe exposto na Área Panorámica. Do mesmo modo, o entón Alcalde, Carlos Vázquez Padín, e o Concelleiro de Patrimonio, Eduardo Freiría, mantiveron sendas reunións, tanto co arquitecto Cesar Portela co obxecto de que este retomara o seu proxecto dos anos 80, como co Director Xeral de Arquitectura, Javier Martín, o 10 de xaneiro de 2019 no Ministerio de Fomento, co obxectivo de que a Dirección General de Arquitectura, Vivienda y Suelo poidese asumir parte dos custes da rehabilitación. Tamén se mantiveron conversas coas entón deputadas no Congreso, Marta Rivera (C´s) e Yolanda Díaz (Podemos), co fin de recabar apoios para incluir a rehabilitación dentro dos Orzamentos Xerais do Estado. Para rematar, no terreo da difusión, baixo o Goberno de C21 publicouse por parte do Concello o libro do historiador Suso Vila, “O Teatro de Tui”.

Por último, José Palacín expresa textualmente: “Unha cousa é a moda de reescribir a historia do Século XVI, paréceme inmoral, pero tratar de reescribir o sucedido o ano pasado, resulta ridículo”. 

Foto: Extraordinario traballo do noso Concelleiro Eduardo Freiría recuperando o Telón do Teatro para expoñelo na Área Panorámica.   

Prensa: 

Radio Municipal de Tui, noticias 9,30 h, do día 26 de xuño. 

Porriño Digital 

Telemariñas

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.