Intervención de José Palacín no Pleno ao respecto da aprobación do anteproxecto do Parking da Área Panorámica.



7º.- Expediente 2705/2019. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais, do 21/05/2020, de proposta de Alcaldía, de data 12/05/2020, relativa a “Actuacións preparatorias de contrato de concesión de obras de aparcadoiro soterrado entre as rúas Ourense e Compostela".
Gallia est omnis divisa in partes tres. Sr. Alonso, está ben dito? Pois tres partes como a miña  intervención de hoxe ao respecto de este transcendental punto da Orde do Día, porque xa entrado en materia desta  primeira sección, atopámonos ante unha das obras civís máis esenciais da nosa historia, a que pode determinar a fisionomía e a dinámica de Tui nos próximos 20 anos. 

Estamos a tiro de pedra de dar un salto cualitativo en termos urbanísticos ca achega deste proxecto de parking soterrado que de facerse conforme a criterios de planificación técnicos, económicos e de explotación axeitados, redundará positivamente na vida dos tudenses, na potenciación da atracción de visitantes e turistas e polo tanto da calidade de vida e opcións de impulso económico para a nosa cidade. A máis, a adecuación da parte superior do aparcamento, a traseira da Área Panorámica, mellorará notablemente a estética desta zona que é sen dúbida o corazón funcional da nosa vila.   

Ante todo quero agradecer ao Sr. Alcalde a deferencia que tivo connosco convidándonos a unha reunión co responsable da empresa que ven realizando os estudos de viabilidade do Parking. 

Pero agora é cando entro na segunda parte da miña exposición que será a que menos me guste a título persoal pero que a miña obriga como concelleiro. Coma sempre, Converxencia 21  mantén o un espírito construtivo pero lamentablemente non podo deixar pasar por alto varias incongruencias do pasado: 

En primeiro lugar, o proxecto deste apartamento soterrado realizouse baixo a éxida do goberno de Converxencia 21, case tal cal, salvo por algunhas melloras que se engadiron nesta versión e que C21 aplaude. 

Segundo. O anterior Alcalde, o Excelentísimo D. Carlos Vázquez Padín, trouxo a Pleno durante o mandato anterior a aprobación do proxecto primixenio deste Parking (con diferenzas no modelo de explotación – posto que incluía a hora - e algunhas condicións xerais), e a oposición (entón vostedes) o rexeitaron de forma abrupta, afirmando que o Sr. Padín era un miope que so ia a poñer a dispor do tráfico rodado tudense, transeúntes e visitantes 298 prazas de aparcamento. Vostedes avogaban por un aparcamento, de titularidade e pago a tocatella a cargo do erario público, ca frioleira de 700 prazas, distribuídas en dúas plantas, incluso algún de vostedes suxería a explotación municipal.  Nestas actas que me acompañan os representantes de PSOE, En Marea e outros grupos, dicían literalmente:  a) O Concello pode asumir as obras de construción dese parking para non hipotecar ao comercio e aos cidadáns. b) La rentabilidad social es lo que hay que aplicar en la vida publica y no la rentabilidad económica y no vemos problema en  Tui habiendo remanente. c) Unha planta non lle soluciona a Tui o problema do aparcamento.  – Acta del 19 outubro de 2018).  Nin unha soa idea sensata, nin unha soa palabra construtiva nas 16 intervención dos sucesivos concelleiros sobre este asunto.  

Agora chegan ao Goberno e non teñen máis remedio que dobregarse ante a vida real, a xestión minimamente responsable. Congratúlome de haber estado presente na reunión co Sr. Técnico que vostedes mesmos adheriron ao proxecto, porque a unha reflexión do Sr. Voceiro de Ciudadanos preguntando canto podería custar un aparcamento de dúas plantas, a resposta foi contundente, por riba dos 7 millóns de euros, 2/3 do noso remanente. Vostedes sendo oposición estaban dispostos a dilapidar case a totalidade do noso remanente neste hipoxeo de Hatshepsut. Que mudou dende o ano pasado? Deixo no aire.       
               
Pero para que vexa que nos actuamos con coherencia, lealdade e constructividade vamos a realizar unha serie de aportacións: 

Para empezar, nos avogabamos por un parking dunha soa planta e seguimos na mesma liña, pero no proxecto orixinal do Sr. Padín non existía a posibilidade de ampliación en horizontal. O Sr. Responsable do proxecto actual plantexou deixar previstas unhas saídas para unha posible ampliación do aparcamento cara a Rúa Compostela, pois ben, C21 propón artellar xa parte dese incremento pola Rúa Compostela, en 100 ou 150 prazas máis, o cal pecharía definitivamente o problema do parking en Tui, e dende logo os custes si se establecerían conforme a economía de escala. O único problema, ter o tráfico cortado un tempo na rúa Compostela. Logo está o asunto de si urbanisticamente se podería “invadir” esa rúa con un soterrado, eu entendo que si porque de feito o propio proxecto do parking actual xa se adentra na Rúa Ourense e na propia Rúa Compostela.  Fíxense que no peor dos casos, que sería asumilo o Concello, custaría en torno a 1.000.000 de euros, é considerable, pero razoable, tendo en conta a trascendencia da obra.  Polo tanto, proposta de ampliación.

Segundo punto. Logo vamos a advertir sobre pasarse nas restricións no aparcamento de superficie. Entendemos que se eliminen os torreiros e determinadas rúas do centro pero teñan a intelixencia de deixar algúns aparcamento próximos a Corredoira e por tanto ao casco histórico, por exemplo a iniciativa de zona azul de Gonzalez Besada  non resulta moi estética pero si efectiva e cómoda para acceder a hostalería do casco histórico e da propia corredoira e aos negocios dese área.

Para finalizar retorno a Roma. Durante 8 anos o senador Catón remataba os seus discursos cunha mesma frase: “Carthago delenda est” (Cartago debe ser destruída). Cando rematou a III Guerra Púnica (entre cartaxineses e romanos) as lexións romanas, seguindo as instrucións do senador, pasaron un arado sobre a cidade de Cartago para que non quedara pedra sobre pedra. Supoño que haberán percibido Sr. Cabaleiro que me refiro ao proxecto para a parte superior do parking que se deseñou baixo o mandato do Sr. Padín. E eu me pregunto, que malo tiña ese proxecto axardinado e de ocio para que sufra o mesmo destino cruel de Cartago?.  Nos cando estivemos no Goberno fixemos tábula rasa entre os proxectos pendentes do Sr. Moisés Rodríguez, os seus, Sr. Cabaleiro, e os nosos propios, sen distinción, nos non modificamos a esencia dos seus proxectos, salvo para abaratalos por responsabilidade de xestión, pero que sen perderan o seu espírito. 

Xa son varios os proxectos de C21 que vostedes anulan ou desestiman: levantar os Cabalos de Oliveira, as luminarias do Casco Histórico que segundo vostedes non foron aceptadas en Patrimonio, hoxe mesmo nos enteramos de que a Patrimonio tampouco lle gustou a remodelación de C21 para os Xardíns de Santo Domingo, pero non van a Patrimonio a arranxalo, vostedes fan proxecto novo e listo. E non so se trata de Pobre Padín! que lle quitan o seu proxecto de xardín no centro, non Señor!, e que o proxecto está pagado, hai que ser responsables co erario público, e  verán, ante este proxecto de C21 da parte superior do Parking da Área Panorámica, que repito, xa estaba pagado, Vostedes anuncian un concurso de ideas a cargo da Deputación, como si os plans da Deputación foran gratis. Sr. Cabaleiro, os proxectos da Deputación fináncianse cos impostos de tódolos cidadáns da provincia de Pontevedra, entre eles os tudense, non son gratis. 

E que non teño máis remedio que entrar así con un certo ton de enfado.     

A Roma non lle aportou ningunha gloria extinguir os vestixios de Cartago,  nin a vostede liquidar a obra visual do Goberno Anterior, así que lle pido  humildemente que manteña o proxecto peonil de C21, porque ademais o deseño esta xa pagado, non delenda a herdanza de C21.
 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.