C21 suxire ao Sr. Cabaleiro que “si tan en desacordo está ca confiscación do remanente, se manifeste diante do Ministerio de Facenda”.

C21 solicita ao Sr. Cabaleiro que tome accións reivindicativas para defender o remanente de Tui ante o agravio da confiscación por parte do Goberno Central, precisamente en mans do seu partido, o PSOE.  

Palacín invita ao Sr. Alcalde de Tui a manifestarse diante do Ministerio de Facenda en Madrid e comprométese a acompañalo.

“O Sr. Cabaleiro (afirma Palacín) non iría so nin volvería inxuriado pola oposición como aconteceu co Sr. Padín na súa valente loita polo millón de euros do desentullo de Paramos, e si non pode facelo, polo menos que convoque aos alcaldes da contorna e organice unha acción reivindicativa común. Isto en cadea por toda España tería un efecto de fisión nuclear, pero moito me temo que o suposto clamor dos rexidores socialistas non resoará en Ferraz”. 

 

Prensa.

Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do día 11 de agosto de 2020.  

Porriño Digital 

Telemariñas

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.