José Palacín: O Sr. Alcalde de Tui está a pecar de falta de estética no caso “Pousa do Bispo”.

O noso concelleiro lamenta que o Sr. Alcalde de Tui, D. Enrique Cabaleiro, estea a adoecer de falla de estética no trámite do expediente relacionado ca urbanización Pousa do Bispo.

Palacín afirma que: “Cando existe un conflito de intereses, como é neste caso, un político debe actuar con absoluta transparencia, e no trámite do expediente da Pousa do Bispo o noso máximo representante careceu dos mínimos estándares de diafanidade cando presentou por urxencia e sen acompañamento da documentación pertinente a dotación de crédito con cargo a remanente para recepcionar esta Urbanización”.

Do mesmo modo, o concelleiro do partido liberal queixase de que non se lle facilitou a información solicitada xa fai un mes referente ao mercado ou que non se lle contestara cando preguntou en Sesión Plenaria polo custe do fío musical.

“A metamorfose deste Goberno comeza a ser preocupante - afirma Palacín - pero dende C21 non vamos a destruílas pontes do diálogo con declaracións incendiarias, seguimos abertos a negociar e manteremos indefectiblemente a nosa liña de aportar ideas en clave construtiva”.


Prensa:

Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 h do día 5 de agosto de 2020.

Telemariñas.

Porriño Digital

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.