Durante anos, a Banda Popular de Tui, auténtico emblema da música e da cultura no noso Concello, participou das instalacións do Conservatorio Municipal, de feito dende un punto de vista artístico e didáctico, atópanse intimamente ligados. No obstante, durante os últimos meses a Banda Popular de Música de Tui foi expelida das instalacións do Conservatorio, unha decisión supostamente amparada nos protocolos do COVID 19, aínda así, foron desaloxados sen ningún tipo de comunicación previa nin escrito executorio. Dende ese momento empezou para a nosa Banda Popular un penoso periplo na procura de un local axeitado para ensaiar e para gardar o seu valioso e delicado material de ensaio. Tras buscar, estritamente pola súa conta, varias solucións transitorias agora atópanse nunha situación desesperada sen que se lle procure solución algunha dende o ente municipal. Tanto é así, que onte a dirección da Banda emitiu un comunicado de SOS no que se solicita unha solución, máis tendo en conta o ca