Dende C21 lamentamos a falta de previsión en canto a medidas de seguridade sanitaria con motivo da recepción da Súa Maxestade o Rei.
Ca cortesía e respecto institucional que nos caracteriza iniciamos esta nota desexándo que D. Felipe de Borbón Y Grecia tivera unha feliz estancia en Tui, pero dito isto expresamos o noso pesar pola ausencia de medidas de distanciamento social, concretamente durante a recepción do público fronte a Comandancia da Mariña.
“Repasando a filmografía da visita, - afirma noso Concelleiro - preocúpame que non se supervisase a disposición do público que acudiu ao Paseo Fluvial para expresar o seu apoio ao Excelentísimo Señor Xefe de Estado. Tantas persoas ateigadas supón unha praxe pouco prudente dada a situación sanitaria actual e debía haberse disposto aos asistentes en parcelas ao longo do paseo fluvial en vez de que quedaran apiñados tras unha valla de 8 metros”.

Por outra banda, consideramos “nada segura” a manifestación en contra da visita D. Felipe VI por non contar tampouco cas medidas de seguridade e distanciamento social axeitadas.
Todo este risco de contaxios, e polo tanto poñer coto ao mesmo, debería haberse
tratado na Mesa Sanitaria celebrada días antes da visita e que se
convoca a instancias dunha petición nosa en Sesión Plenaria.
Foto: Cedida por medio comunicación. Nesta foto podemos observar a aglomeración do público que acudiu en apoio de D. Felipe VI.
Prensa