C21 solicita papeleiras para a prolongación de Casal Aboy e no futuro na Rúa Colón.

Os liberais de Tui vimos solicitando por rexistro de entrada que se dote a prolongación da Rúa Casal Aboy de papeleiras debido a que nesta zona está a celebrarse o Mercadillo do Xoves e se está a converter nun lugar asiduo de paseo para os cidadáns.

C21 solicitará tamén que, aproveitando as obras do Plan Concellos na Rúa Colón, se dote as súas beirarrúas deste servizo para evitar o lixo no chan e así facilitar o labor dos traballadores de limpeza viaria.
 
 
 
Prensa. 
 


 
 
Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 h do día 14 de Outubro de 2020. 

Publicacións populares deste blog

PSOE e BNG impoñen o Imposto de Plusvalía. Palacín: "Comeza unha era de depredación fiscal contra os tudenses""

Converxencia 21 pide que se estude a posible retirada dunha xardineira en San Bartolomé.