C21 apoia á hostalería de Tui na súas reivindicacións.

O partido liberal de Tui amosa o seu apoio aos seus hostaleiros, que están a sofren as máis duras consecuencias deste último peche indiscriminado dos seus establecementos en virtude do decreto ditado pola Xunta de Galicia.

C21 entende que, en xeral, a hostalería local non é a responsable dos sucesivos “rebrotes” que veñen arrastrando a Tui ata a situación de Alerta Vermella, e que en todo caso, ademais dunha inxustiza estase a cometer un erro estratéxico debido a que outros países como Grecia, Suecia ou Corea veñen amosando sistemas de control do virus moito máis eficaces cos confinamentos sistemáticos e que non afectan tanto ao tecido produtivo nin a liberdade das persoas. De feito, a Comunidade de Madrid, neste último tramo adecuou medidas que compatibilizan a baixada da incidencia co mantemento da actividade hostaleira, comercial e industrial.

Por outra banda, o concelleiro de C21 José Palacín, solicita ao Alcalde, Enrique Cabaleiro: “Un pouco máis de consagración na causa da hostalería de Tui e que polo menos insista ante as autoridades autonómicas que se recorten os prazos ou a severidade deste peche en canto baixe a incidencia porque a situación da cidade é crítica e a hostalería resulta un sector fundamental polo seu número de integrantes e sobre todo porque é un dos nosos principais motores de estímulo económico”. 
 
Prensa.
 
Radio Municipal de Tui. Noticias 13,30 do Martes día 17 de Novembro de 2020. 
 
 

Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.