C21 presenta a súa campaña de revitalización do comercio PasaPorTui

O liberais de Tui vimos de presentar por rexistro de entrada o bosquexo dun proxecto de campaña anual para reactivar o comercio.  A tal efecto solicitamos unha reunión ca concelleira desta área.

Tratase dunha campaña de 12 meses, que se iniciaría neste Nadal,  que percorrería todo o 2021 e vai dirixida a incentivar o consumo por medio dun pasaporte denominado PasaPorTui.

Pasaportui, como indica o nome, é un pasaporte para percorrer o comercio de Tui e que unha vez completado sería obxecto de sorteo para unha bonificación de reversión de consumo que se realizaría no propio comercio local.  A proposta inicial de C21 suporía un investimento duns 70.000 euros pero podería implementarse con unha actuación paralela online.    

Esta idea de campaña enmarcase dentro do paquete de medidas para a axuda ao comercio local co noso voceiro, José Palacín, propuxo xa fai semanas en sesión plenaria ante a difÍcil situación derivada da crise do COVID.

Prensa. 

Telemariñas 

Porriño Digital

Infomiño

Radio Municipal de Tui. Noticias 13.30 do día Xoves  26 de novembro. (Escoitar audio)


Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.