Discurso C21 "Concesión de medalla de ouro do Concello de Tui ao Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres"

Discurso do noso Concelleiro José Palacín.

O primeiro de todo “felicidades”, “felicidades” a nosa ensinanza rural, o quizás dende fora terán que felicitarnos aos tudense por haber contado con talentos como as mestras coordinadoras Dª Clara Torres ou Dª Teresa Domínguez, ámbalas dúas enormemente laureadas e que constituíron as pedras docentes angulares do éxito das nosas escolas rurais.

Evidentemente, a exposición razoada presentada polo Dr. D. Rafael Bargiela é un documento completísimo que amosa graficamente e feacentemente os méritos da INSTITUCIÓN con maiúsculas, Colexio Rural Agrupado Clara Torres e eu nada vou engadir dende o punto de vista curricular.

Simplemente subliñar que imos apoiar o nomeamento sen ambaxes e o que si me gustaría é realizar un breve reflexión sobre a escola rural.

De neno estudei nun colexio rural de Castela, foi pouco tempo, pero marcou en min unha forte impronta. Penso que o colexio rural ten algo case espiritual, como místico, pero ademais resulta moi potente en canto a presenza da figura do profesor, tamén é interactivo e ao contrario do que se plantexa nos estereotipos, a escola rural é eficiente.

En Galicia ten tanto sentido como tradición e debemos apoiala. Pero para que os CRAS subsistan temos que potenciar o rural, a economía do sector primario que se desenrola nos pequenos pobos e parroquias, hoxe en plena decadencia e que se mantén a base de respiración asistida. Por exemplo, nestes anos, en Tui, comprobamos con tristura o óbito de algún colexio como o de Malvas e ademais o vivimos con impotencia durante o noso mandato.
 
Eu non me resigno a que este premio honorífico para os nosos CRAS sexa a titulo póstumo por iso, os liberais de Tui vamos a incidir na clave de bóveda da recuperación do alumnado no campo: a dinamización económica, agraria, gandeira, forestal, de enerxía de biomasa, e outras actividade, que xunto co investimento en infraestruturas, atraian as persoas ata o fermoso mundo bucólico da aldea galega de onde a escola rural pode voltar a refulxir en todo o seu esplendor, como esta medalla de ouro que hoxe entregamos.

Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.