C21 solicita a ordenación do tráfico en fronte do Colexio Nº 1.

Os liberais de Tui insistimos en que o tráfico diante do Colexio Nº 1 debe ser correctamente
regulado debido ao caos que se xera ca saída do alumnado.

O noso voceiro, José Palacín, xa realizou esta petición durante pleno de novembro e pide ao Goberno Local que se reúna con AMPAS e persoal docente para que despois das datas de Nadal xa estea artellada unha solución, tanto por seguridade viaria como polo COVID, debido a que en moitos casos son os avós os que recollen ao alumnos.

Para Palacín: “Tui non se pode permitir a subida da incidencia por cuestións de saúde pública e porque nestes intres o peche perimetral e da hostalería, máis a situación caótica do tráfico, están a esnaquizar o tecido produtivo da cidade”.

A propósito deste Centro, Converxencia 21 recorda que existe un proxecto de ampliación do patio pendente de executar e que agora é máis necesario que nunca. 
 
Prensa.
 
Radio Municipal de Tui. Notiicas 13,30 do día Martes, 2 de decembro.
 

Porriño Digital

 

 

 
 

Publicacións populares deste blog

Por que non aprobamos os orzamentos do Partido Socialista neste 2024?

Converxencia 21 ven avisando do risco de accidentes peonís polo firme da Rúa Bispo Lago e finalmente produciuse unha caída.