Entrega do premio honorífico a Agrupación de Protección Civil de Tui.
Esta, a nosa asociación de voluntariado para a atección da cidadanía, ten un cúmulo de actuacións absolutamente sobrecolledora e dun valor incustionable, sobre todo durante os tempos máis duros do confinamento, traballando en labores de desinfección de diferentes edificios públicos, axudando as persoas, incluíndo a prestación psicolóxica e de ánimo aos veciños, especialmente a poboación infantil.
Queremos agradecer ao Sr. Alcalde, D. Enrique Cabaleiro, que no seu discurso recoñececera e puxera en valor a decisión de C21 de reorganizar este corpo de voluntarios que tanta axuda nos leva prestado.
No acto tamén interviu o noso Concelleiro, José Palacín, quen lanzou a seguinte mensaxe:
- Grazas Sr. Alcalde pola palabra. Ante todo boas noites. Cando o que foi o noso Goberno decidiu poñer en marcha esta Agrupación de Protección Civil en Tui, eramos conscientes da súa importancia no labor de prestación de servizo e axuda social, pero ademáis sabiamos que sería un gran exemplo de organización imbricada entre as Institucións do Estado e a Sociedade Civil debido ao seu caracter voluntario, e polo tanto altruista, quedando isto demostrado durante o período máis duro do confinamento con un curriculum de prestación extraordinario.
Como diría a canción de Eros Ramazzotti: "Gracias por existir"
(Fotos por xentileza de Dª Pilar Besada Barahona)